¿COMO TRABALLAMOS?
Ti protagonizas a nosa labor
¿COMO TRABALLAMOS?
Ti protagonizas a nosa labor

Evaluación optométrica

Avaliación da percepción visual

Terapias funcionais individuais

Seguemento continuo

Colaboración interdisciplinaria

Terapia visual amena e entretida
A realización e repetición de exercicios visuais é necesaria para conseguir melloras e tamén pode ser divertida. Adaptamos os exercicios e utilizamos novas tecnoloxías para a túa conveniencia e motivación.

O noso equipo, altamente cualificado, utiliza tecnoloxía de vangarda para comprender en detalle o estado actual da túa visión. ¡Sen dúbida unha parte fundamental do coidado da visión e da prevención de problemas visuais!

A lonxitude deste tratamento varía en función dos obxectivos e do progreso de cada persoa. Realizaranse revisións regulares para poder axustar e adaptar o plan de tratamento segundo a evolución. Así afianzamos a efectividade e a consecución das metas establecidas.

“No Centro de Optometría Olvar
Máis información sobre os servizos
Adaptamos os nosos procesos e servizos a ti. Axudarémosche no que poidamos.
Si podemos. Facer a prescrición de lentes implica unha serie de pasos: coñecer un pouco a túa historia clínica, comprobar a túa agudeza visual, facer unha refracción, valorar a visión binocular coa nova graduación e revisar a túa saúde ocular, entre outros. En función dos resultados, emítese unha prescrición para corrixir o problema refractivo ou binocular.
Mantemos unha comunicación aberta e constante con outras profesións. Cremos que a colaboración interdisciplinaria é fundamental para lograr resultados óptimos no coidado da túa visión.
Si. En caso de que teñas certa aprehensión a pasar por un quirófano, pero necesites deixar de levar lentillas ou gafas (porque estás preparando unha oposición para forzas de seguridade do estado, por exemplo) existe a ortoqueratoloxía ou Orto-K.
Consiste en utilizar unha lentilla pola noite que fai o mesmo efecto sobre o ollo que faría a cirurxía refractiva, sen que sexa permanente. É dicir, levas unha lentilla pola noite e durante o día ves ben sen necesidade de levar nada.
É necesario entender que a nosa visión non é igual ao longo de toda a nosa vida. Non enfocamos igual e pode ser que a nosa graduación varíe se varían certas circunstancias do noso entorno.
A Orto-K, ao non ser permanente, permítenos axustarnos a estes cambios.