POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Dende o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. entendemos que é esencial manter unha relación transparente contigo, por iso, a continuación, presentámosche a nosa Política de Privacidade, para que en todo momento esteas debidamente informada/o acerca de como recompilamos e tratamos de forma segura calquera dato que nos facilites.
Os teus datos serán tratados de conformidade coa lexislación vixente e, en concreto, de acordo ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Tamén no referente á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
Unha lectura detida da nosa Política de Privacidade aportarache a información necesaria para coñecer que destino lle daremos aos datos que nos proporciones.
1. ¿Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
Se ti, ou unha persoa autorizada, nos facilitaches os teus datos, informámoste de que o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. con CIF B56143456 é o responsable do tratamento dos mesmos. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais.
É posible que existan outras/os responsables nos tratamentos que realizamos, nese caso sempre informaremos de quen é responsable do tratamento dos mesmos, así como dos seus datos de identificación.
O Sitio Web pode incluír ligazóns ou enlaces que permiten acceder a páxinas web de terceiras/os distintas/os de olvaroptometria.gal/, e que polo tanto non son operados polo CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U.. As/Os titulares de ditos sitios web dispoñerán das súas propias políticas de protección de datos, sendo, en cada caso, responsables dos seus propios tratamentos e das súas propias prácticas de privacidade.
Dende o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. comprometémonos ao cumprimento da obriga de secreto dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos. Para iso adoptamos as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de acordo co establecido no Regulamento.
2. ¿Onde informamos?
Dende o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. informamos a través da páxina web olvaroptometria.gal/ no apartado correspondente á Política de Privacidade. Máis información en Aviso legal.
3. ¿Que datos persoais tratamos?
Os datos persoais que tratamos son:
  • Aqueles que ti decidas facilitarnos voluntariamente.
  • Os datos derivados das comunicacións que manteñas con nós.
  • A información correspondente á túa propia navegación no caso de Servizos Online (dirección IP ou información derivada de cookies ou dispositivos similares). Podes ver a nosa política de cookies na web.
  • Aquela información que se encontre dispoñible en fontes accesibles ao público, á que lexitimamente poidamos acceder.
  • Os datos que se deriven da relación contractual ou precontractual que manteñas con nós, incluída a túa imaxe, informándote sempre neste caso da posibilidade de captar a túa imaxe.
  • Os que terceiras persoas nos proporcionen sobre ti, existindo unha base lexítima para isto ou tendo obtido o teu consentimento.
  • Os datos de terceiras/os que ti nos facilites, previo consentimento da/do terceira/o en cuestión.
Podes consultar máis información no apartado de rexistro de actividades desta política de privacidade.
4. ¿Como tratamos os datos?
No CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. tratamos os teus datos persoais sempre en estrito cumprimento da lexislación vixente. Ademais, informámoste de que contamos coas medidas técnicas e organizativas axeitadas para garantir un nivel óptimo de seguridade, garantindo que só accederán aquelas persoas que teñan autorización, que os manteremos íntegros, evitando calquera perda intencionada ou accidental e que reforzamos os sistemas e servizos de tratamento de datos.
Non obstante, debido a que o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. non pode garantir a inexpugnabilidade de internet nin a ausencia total de hackers ou outras/os que accedan de modo fraudulento aos datos persoais, comprométese a comunicarche sen dilación indebida cando ocorra unha violación da seguridade dos datos persoais que sexa probable que entrañe un alto risco para os dereitos e liberdades das persoas físicas. Seguindo o establecido no art. 4 do RGPD, enténdese por violación da seguridade dos datos persoais toda violación da seguridade que ocasione a destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita de datos persoais transmitidos, conservados ou tratados doutra forma, ou a comunicación ou acceso non autorizados a ditos datos.
As operacións, xestións e procedementos técnicos que realizamos de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.
5. ¿Cal é a lexitimación do tratamento?
A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, da relación laboral ou de calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.
6. ¿Como xestionamos as comunicacións electrónicas?
De conformidade co establecido na Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e a Directiva 2002/58/CE informámoste de que podes recibir comunicacións e información de índole comercial mediante sistemas de comunicación electrónica (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios e outros sistema de comunicación) cando nos outorgases o teu consentimento ou ben cando se trate de comunicacións comerciais referentes a produtos ou servizos similares aos prestados con anterioridade polo responsable do tratamento dos teus datos.
No suposto de que non desexes recibir comunicacións e informacións desta índole, podes comunicárnolo por esta mesma vía indicando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS” para que os teus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A túa solicitude será accionada nun prazo de 1 mes dende o seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola túa parte, entenderemos que aceptas e autorizas que a nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.
No caso de recibir ditas comunicacións por estes medios, informámoste de que as mensaxes diríxense exclusivamente á/ao súa/seu destinataria/o e poden conter información privilexiada ou confidencial. Se non es a/o destinataria/o indicada/o, notificámoste de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.
7. ¿Canto tempo conservamos os teus datos?
Os datos persoais relativos a persoas físicas que dende o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. recompilamos por calquera medio, conservaranse mentres a/o interesada/o non solicite a súa supresión. Así mesmo, conservaranse mentres se manteña a relación que orixinou o tratamento dos datos, respectando en calquera caso os prazos legais de conservación. Concluído este período, os datos persoais serán eliminados de todos os sistemas do CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U.
8. ¿Os teus datos serán comunicados a terceiras partes?
Non haberá cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais, salvo as xa informadas, que non sexan a consecuencia dunha obriga legal. Se, por requirimento da Administración Pública ou das Institucións Autonómicas no ámbito das funcións que a lei lles atribúa expresamente, se nos solicitan os teus datos, estes serán transmitidos.
De existir unha cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais fóra dos casos anteriormente previstos, informarémoste previamente para que, se procede, nos prestes o teu consentimento.
Pero para poder organizarnos correctamente, ter boas operativas e procedementos que garantan unha boa xestión, dende o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. pode ser necesario ter que contratar servizos de asesoría, profesionais ou outras empresas de servizos para tratar datos baixo as nosas indicacións.
Este tratamento por conta de terceiras partes está regulado nun contrato que consta por escrito ou dalgunha outra forma legalmente admitida que permita acreditar a súa celebración e contido, especificando expresamente que a/o encargada/o do tratamento tratará os datos conforme ás nosas instrucións e non os aplicará ou usará cunha fin distinta á que figura en dito contrato, nin os comunicará, nin sequera para a súa conservación, a outras persoas.
9. ¿Cales son os teus dereitos?
A normativa de protección de datos confíreche os seguintes dereitos:
  • Dereito de acceso: É o dereito da/do Usuaria/o a obter confirmación de se o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. está tratando ou non os seus datos persoais e, en caso afirmativo, obter información sobre os seus datos concretos de carácter persoal e do tratamento que o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. realizase ou realice, así como, entre outra, da información dispoñible sobre a orixe de ditos datos e as/os destinatarias/os das comunicación realizadas ou previstas dos mesmos.
  • Dereito de rectificación: É o dereito da/do Usuaria/o a que se modifiquen os seus datos persoais que resulten ser inexactos ou, tendo en conta as fins do tratamento, incompletos.
  • Dereito de supresión (“o dereito ao esquecemento”): É o dereito da/do Usuaria/o, sempre que a lexislación vixente non estableza o contrario, a obter a supresión dos seus datos persoais cando estes xa non sexan necesarios para as fins para as cales foron recollidos ou tratados; a/o Usuaria/o retirara o seu consentimento ao tratamento e este non conte con outra base legal; a/o Usuaria/o se opoña ao tratamento e non exista outro motivo lexítimo para continuar co mesmo; os datos persoais foran tratados ilicitamente; os datos persoais deban suprimirse no cumprimento dunha obriga legal; ou os datos persoais foran obtidos produto dunha oferta directa de servicios da sociedade da información a un menor de 14 anos. Ademais de suprimir os datos, o Responsable do tratamento, tendo en conta a tecnoloxía dispoñible e o custo da súa aplicación, deberá adoptar medidas razoables para informar ás/aos responsables que estean tratando os datos persoais da solicitude da persoa interesada de supresión de calquera enlace a eses datos persoais.
  • Dereito á limitación do tratamento: É o dereito da/do Usuaria/o a limitar o tratamento dos seus datos persoais. A/O Usuaria/o ten dereito a obter a limitación do tratamento cando impugne a exactitude dos seus datos persoais; o tratamento sexa ilícito, o Responsable do tratamento xa non necesite os datos persoais, pero a/o Usuaria/o os necesite para facer reclamacións; e cando a/o Usuaria/o se opuxera ao tratamento.
  • Dereito á portabilidade dos datos: En caso de que o tratamento se efectúe por medios automatizados, a/o Usuaria/o terá dereito a recibir do Responsable do tratamento os seus datos persoais nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento. Sempre que sexa tecnicamente posible, o Responsable do tratamento transmitirá directamente os datos a esa/e outra/o responsable.
  • Dereito de oposición: É o dereito da/do Usuaria/o a que non se leve a cabo o tratamento dos seus datos de carácter persoal ou se cese o tratamento dos mesmos pola parte do CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U.
  • Dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís: É o dereito da/do Usuaria/o a non ser obxecto dunha decisión individualizada baseada unicamente no tratamento automatizado dos seus datos persoais, incluída a elaboración de perfís, existente salvo que a lexislación vixente estableza o contrario.
Se desexas máis información respecto ao tratamento dos teus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, opoñerte e/ou limitar algún tratamento que consideres que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, podes dirixirte por escrito ao CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. en Rúa Manuel Murguía 19, Baixo Esq, 15011 – A Coruña ou mediante correo electrónico a info@olvaroptometria.gal.
  • Dita comunicación deberá reflexar a seguinte información: Nome e apelidos da/do Usuaria/o, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.
  • O exercicio de dereitos deberá ser realizado pola/o propia/o Usuaria/o. Non obstante, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal da autorizada. En tal caso, deberá aportarse a documentación que acredite esta representación da interesada.
Así mesmo, queremos informarte de que podes retirar o consentimento prestado sen que isto afecte á licitude do tratamento xa realizado, enviando a túa solicitude á mesma dirección indicada no parágrafo anterior. Neste caso, deberás acompañar a túa solicitude, copia do teu DNI ou documento acreditativo da túa identidade.
En caso de que consideres que existe un problema ou infracción da normativa vixente na forma na que se están tratando os teus datos persoais, terás dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control, en particular, no Estado no que teñas a túa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción. No caso de España, a autoridade de control é a Axencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es/) – C/ Jorge Juan 6, 28001 – Madrid – FAX: 914483680 – TELF: 901100099 – Email: ciudadano@agpd.es
10. ¿Cal é a finalidade e base de lexitimación para o tratamento dos datos e canto se conservarán os datos?
Detallamos a continuación as finalidades dos tratamento de datos levados a cabo por algún, ou todos, os Responsables de Tratamento enumerados con anterioridade.
Actividade de tratamento Finalidade do tratamento Base de lexitimación Prazo de conservación
Xestión fiscal e contable Tratamento necesario para o cumprimento das obrigas fiscais e contables. Relación contractual.
Obriga legal para o responsable.
Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiras/os.
5 anos dende a finalización do contrato.
O tempo necesario para responder de obrigas legais.
Xestión de contactos Tratamento dos datos para poder manter comunicacións coas/cos interesadas/os. Relación contractual.
Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiras/os.
Consentemento expreso da/do interesada/o.
5 anos dende a finalización do contrato.
Ata a cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
Ata a perda relevante do seu uso.
Xestión de expedientes de pacientes Para a prestación de servizos e realización de actividades relacionadas co obxecto social da entidade a pacientes da mesma. Relación contractual.
Intereses vitais da/do interesada/o ou doutras persoas.
Consentemento expreso da/do interesada/o.
Ata cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
O prazo legalmente establecido pola normativa específica.
O tempo necesario para responder obrigas legais.
Xestión multimedia Tratamento de imaxes e/ou vídeos para a difusión en medios de comunicación e redes sociais e a promoción das actividades. Consentemento expreso da/do interesada/o. Ata a cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
Xestión de clientes Tratamento dos datos necesarios para o mantemento da relación comercial/contractual coa clientela, a facturación, o servizo post-venta, o envío de promocións e publicidade e a fidelización. Relación contractual.
Relación comercial.
5 anos dende a finalizaicón do contrato.
O prazo legalmente establecido pola normativa específica.
Xestión do historial clínico Rexistro, arquivo, consulta, cotexo e xestión das historias clínicas de pacientes para poder prestar o servizo sanitario requerido. Relación contractural.
Intereses vitais da/do interesada/o ou doutras persoas.
Consentemento expreso da/do intersada/o.
O tempo necesario para responder de obrigas legais.
Xestión de historial óptico-optométrico Datos do historial óptico-optométrico de pacientes: dioptrías, tipo de lentes, graduación, controis visuais e datos funcionais e fisiolóxicos. Consentemento expreso da/do interesada/o. Ata a cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
Xestión de trámites varios Xestión dos datos necesarios da clientela ou cedidos pola mesma para poder xestionar e tramitar diferentes tramitacións contratadas. Relación comercial.
Consentemento expreso da/do interesada/o.
Ata a cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
  • Finalidade do tratamento: Tratamento necesario para o cumprimento das obrigas fiscais e contables.
  • Base de lexitimación: Relación contractual.
    Obriga legal para o responsable.
    Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiras/os.
  • Prazo de conservación: 5 anos dende a finalización do contrato.
    O tempo necesario para responder de obrigas legais.
  • Finalidade do tratamento: Tratamento dos datos para poder manter comunicacións coas/cos interesadas/os.
  • Base de lexitimación: Relación contractual.
    Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiras/os.
    Consentemento expreso da/do interesada/o.
  • Prazo de conservación: 5 anos dende a finalización do contrato.
    Ata a cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
    Ata a perda relevante do seu uso.
  • Finalidade do tratamento: Para a prestación de servizos e realización de actividades relacionadas co obxecto social da entidade a pacientes da mesma.
  • Base de lexitimación: Relación contractual.
    Intereses vitais da/do interesada/o ou doutras persoas.
    Consentemento expreso da/do interesada/o.
  • Prazo de conservación: Ata cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
    O prazo legalmente establecido pola normativa específica.
    O tempo necesario para responder obrigas legais.
  • Finalidade do tratamento: Tratamento de imaxes e/ou vídeos para a difusión en medios de comunicación e redes sociais e a promoción das actividades.
  • Base de lexitimación: Consentemento expreso da/do interesada/o.
  • Prazo de conservación: Ata a cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
  • Finalidade do tratamento: Tratamento dos datos necesarios para o mantemento da relación comercial/contractual coa clientela, a facturación, o servizo post-venta, o envío de promocións e publicidade e a fidelización.
  • Base de lexitimación: Relación contractual.
    Relación comercial.
  • Prazo de conservación: 5 anos dende a finalizaicón do contrato.
    O prazo legalmente establecido pola normativa específica.
  • Finalidade do tratamento: Rexistro, arquivo, consulta, cotexo e xestión das historias clínicas de pacientes para poder prestar o servizo sanitario requerido.
  • Base de lexitimación: Relación contractural.
    Intereses vitais da/do interesada/o ou doutras persoas.
    Consentemento expreso da/do intersada/o.
  • Prazo de conservación: O tempo necesario para responder de obrigas legais.
  • Finalidade do tratamento: Datos do historial óptico-optométrico de pacientes: dioptrías, tipo de lentes, graduación, controis visuais e datos funcionais e fisiolóxicos.
  • Base de lexitimación: Consentemento expreso da/do interesada/o.
  • Prazo de conservación: Ata a cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
  • Finalidade do tratamento: Xestión dos datos necesarios da clientela ou cedidos pola mesma para poder xestionar e tramitar diferentes tramitacións contratadas.
  • Base de lexitimación: Relación comercial.
    Consentemento expreso da/do interesada/o.
  • Prazo de conservación: Ata a cancelación e/ou oposición por parte da/do titular.
11. Aceptación e cambios nesta política de privacidade
É necesario que a/o Usuaria/o lera e estea conforme coas condicións sobre a protección de datos de carácter persoal contidas nesta Política de Privacidade, así como que acepte o tratamento dos seus datos persoais para que o Responsable do tratamento poida proceder ao mesmo na forma, durante os prazos e para as finalidades indicadas. O uso do Sitio Web implicará a aceptación da Política de Privacidade do mesmo.
O CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. resérvase o dereito a modificar a súa Política de Privacidade, de acordo ao seu propio criterio, ou motivado por un cambio lexislativo, xurisprudencial ou doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos. Os cambios ou actualizacións desta Política de Privacidade non serán notificados de forma explícita á/ao Usuaria/o.
Recoméndase á/ao Usuaria/o consultar esta páxina de forma periódica para estar ao tanto dos últimos cambios e actualizacións.
Esta Política de Privacidade foi actualizada para adaptarse ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Este documento de Política de Privacidade foi revisado con data de: 18/09/2023.