Aviso legal

1. Lei de servizos da sociedade da información e comercio electrónico
En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xuño de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I), dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:
Que o dominio olvaroptometria.gal/, a partir de agora Sitio Web, está rexistrado a nome do CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. con domicilio social en Rúa Manuel Murguía 19, Baixo Esq, 15011 – A Coruña (A Coruña); sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña Tomo 3816, Folio 31, inscrición 1 con folla C-53424, provista de NIF B56143456, a partir de agora O TITULAR.
2. Condicións de uso
I. USUARIAS/OS
O acceso e/ou uso do Sitio Web olvaroptometria.gal, atribúe a quen o realiza a condición de usuaria/o, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos ou contidos do Sitio Web.
II. USO DO Sitio Web, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS
A/o usuaria/o comprométese a utilizar o Sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Así mesmo, queda prohibido o uso da Web con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquera terceira/o, o que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do Sitio Web.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización das/dos súas/seus lexítimas/os titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos do TITULAR ou das/dos súas/seus lexítimas/os titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do Sitio Web por calquera medio distinto dos que se poñan en disposición das/dos usuarias/os así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún á web.
III. MODIFICACIÓN UNILATERAL
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do Sitio Web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do mesmo.
IV. LIGAZÓNS
O establecemento de calquera “ligazón” entre unha páxina web e o Sitio Web estará sometido ás seguintes condicións:
  • Non se permite a reprodución, nin total nin parcial, de ningún dos servizos nin contidos do Sitio Web.
  • Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza o ligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR.
  • Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web dende a que se realice o “ligazón” nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.
V. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran traer causa de:
  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez da web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas das/os usuarias/os.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte das/os usuarias/os, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do Sitio Web, os seus servizos ou contidos, por parte das/os usuarias/os.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiras/os e postos a disposición das/os usuarias/os no Sitio Web.
  • O incumprimento por parte de terceiras/os das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados ás/aos usuarias/os a través do Sitio Web.
VI. DURACIÓN
A duración da prestación do servizo do Sitio Web e dos servizos é de carácter indefinido. Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que a integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.
VII. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española. O CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. e a/o usuaria/o, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio da/do usuaria/o para cantas cuestións puideran suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No suposto de que a/o usuaria/o teña o seu domicilio fora de España, o CENTRO DE OPTOMETRÍA OLVAR S.L.U. e a/o usuaria/o, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais da Coruña.
3. Baixa de comunicacións comerciais

De conformidade coa lei de Servizos da Sociedade da Información 34/2002 garántese á/ao usuaria/o a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo dun mes dende que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a info@olvaroptometria.gal.